Skip to main content

El alcalde de la capital gallega se compromete a duplicar el gasto social del ayuntamiento en 2016

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O alcalde de Santiago, Mariño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantiveron sendas xuntanzas con representantes da Rede Galega contra a Pobreza e de Stop Desafiuzamentos. Con estas reunións, en palabras do rexedor municipal, "quixemos simbolizar o que para nós é unha prioridade nesta lexislatura: erguer a bandeira social nas políticas do Concello".
Noriega fixou como obxectivo destas políticas sociais "a recuperación da dignidade da cidadanía, non a beneficencia". Neste sentido, resaltou a necesidade de "ir á raíz do problema, tratando tamén as causas e non só as consecuencias", e a aposta do Goberno municipal por "transversalizar as políticas sociais".

Aínda sendo consciente do carácter "estrutural" da exclusión de moitos cidadáns, o alcalde apuntou que dende o ámbito local se pode traballar non só para abordar as situacións de emerxencia, senón tamén para a inclusión e polo dereito destes cidadáns a "ter un teito e un traballo e a vivir con dignidade".
Na súa comparecencia ante os medios tras as dúas reunións, Martiño Noriega reiterou tamén o compromiso do Goberno municipal de duplicar o gasto social nos próximos orzamentos. A propósito disto, lembrou que o Concello de Santiago ocupa o segundo posto máis baixo en gasto social por habitante entre as grandes cidades galegas.

Tamén anunciou a intención a intención do Goberno local de participar en mesas sectoriais coas diversas entidades sociais, das que "temos moito que aprender". Situou este tipo contactos dentro das "dinámicas que hai que mudar".
R.