Afectados por el accidente de tren en Angrois reivindican, dos años después, justicia con una concentración en la Praza do Obradoiro

Representantes de otro de los colectivos de afectados, Apafas, ambién han acudido a la cita en la que estuvo también presente el alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Tras esta concentración, se celebra una misa y una ofrenda en las inmediaciones del lugar del accidente. El 25 de julio se puede visitar el Pazo de Faramello donde se plantaron los árboles en memoria de los fallecidos.
Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros do Goberno local sumáronse á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 celebrada na praza do Obradoiro, cando se cumpren dous anos do accidente.
Noriega expresou a súa "solidariedade" coas vítimas e o "apoio" á súa reivindicación de xustiza e de depuración de responsabilidades por esta traxedia.
Nota de prensa del Gabinete de EU:
Esquerda Unida, representada pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz e os deputados de AGE e membros da dirección nacional Xabier Ron, Eva Solla e Juan Manuel Fajardo, estiveron no Obradoiro na Concentración das Vítimas do Tren de Alvia, organizada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia de Santiago de Compostela.
Dende Esquerda Unida lembramos que a dous anos da traxedia ferroviaria de Angrois, o goberno do Partido Popular segue a desinformar sobre o acontecido e négase a investigar as responsabilidades políticas no accidente, o que Yolanda Díaz califica de "gravísimo". Tal e como explica Díaz, “por esta razón, no Pleno Extraordinario do Parlamento galego desta semana, dende o grupo parlamentario Alternativa Galega de Esquerda (AGE) solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que se proceda a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois”.
“A estas alturas queremos saber o que realmente pasou, e sobre todo queremos que se poñan os medios necesarios para darlle unha explicación ás vítimas e ás súas familias que son as protagonistas do día de hoxe e que, desgraciadamente, seguen a sufrir as consecuencias desta catástrofe”, expresa.
Fotografía:http://www.victimastren.org
R.