Skip to main content

OUFF Escola potencia la creación audiovisual desde la infancia y entrega sus premios 2015

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Concello de Ourense:

A gala de entrega de premios e proxección dos traballos do OUFF Escola contou este ano coa presenza do director xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O rexedor lembrou que o Festival de Cine de Ourense é referente en toda Galicia, “algo que podemos comprobar cada ano coa gran asistencia de público e éxito con actores, actrices e directores de todo o mundo que chegan á nosa cidade para enchela dun gran ambiente cinematográfico”.

Jesús Vázquez recoñeceu que o acto é un dos que máis o satisface, “porque é o día no que os nenos e nenas vides a Ourense non só a ver cine, senón a ver o voso cine. As vosas creacións, que tan ben traballades durante o curso co apoio dos vosos profesores, agora chegan aquí para ser proxectadas diante dos colexios de toda Galicia”.

Dirixíndose aos rapaces e rapazas presentes no Auditorio Municipal, o alcalde de Ourense recalcou que “teño moi claro que sodes o futuro do noso festival. O Ouff Escola é unha plataforma fantástica para que vos animedes a traballar no audiovisual, e que o fagades dende as vosas propias experiencias, dende a lingua propia de Galicia, na que tamén temos que crear estas obras que logo circulan polas redes a todas as partes do mundo”.

Por iso quero felicitarvos, ao alumnado, ao profesorado e a todos cantos facedes posible que o Festival de Ourense sexa tamén distinto nisto: Na asistencia de escolares de toda Galicia e tamén de Ourense que hoxe vivides unha experiencia que só pode ofrecer esta cidade que é tan fermosa e acolledora”, concluíu Jesús Vázquez.

Palmarés OUFF Escola 2015

Categoría Ensino Infantil e Primaria
1. Os superpoderes dos alimentos. CEIP A Lama
2. Quen levou a lúa. CEIP Torre-Illa
Premio Blanco Amor ao mellor guión: A vella na botella. Colexio Rural Agrupado de Meis.

Categoría demais niveis de ensino non universitario.
1. Os camiños esquecidos. IES Poeta Díaz Castro
2. As tres portas. IES Manuel Murguía.
Premio Blanco Amor ao mellor guión:: Fontes e lavadoiros do Concello de Sada. IES Isaac Díaz Pardo
R.