Día internacional de la violencia contra la mujer: sindicatos alertan de la invisibilidad del acoso laboral a las mujeres
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO:
Mabel Pérez e Mónica Rodríguez, responsables da Muller do S.N. de CCOO de Galicia e UGT Galicia respectivamente, avaliaron a situación da violencia contra as mulleres. O 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e, como cada ano, os sindicatos UGT e CCOO manifestamos publicamente o noso rexeitamento á terrible realidade das mulleres, nenas e nenos que sofren a violencia machista decotío nas súas vidas, , que non cesa e que este ano asasinou 48 mulleres, seis en Galicia, e seis nenos e nenas, dous en Galicia.
Ante esta dura realidade, CCOO e UGT queremos concienciar a toda a sociedade sobre a insoportable extensión da violencia, de todas as violencias machistas: a que sofren as mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas, o acoso sexual e por razón de sexo no traballo, a intimidación na rúa, o acoso na Internet, o abusivo control con que son subxugadas as mozas e, en especial, as terribles consecuencias que estes ataques carrexan na saúde, a integridade, a dignidade e a vida laboral das mulleres.
Unha violencia que non se restrinxe a unha cultura, idade, clase social, rexión ou país: a violencia contra as mulleres ten carácter estrutural e é produto da desigual relación de poder entre sexos. Tamén nos diriximos ás Administracións competentes, xa que en España o Goberno do Partido Popular, durante a súa lexislatura, recortou un 17 % a partida orzamentaria destinada á prevención da violencia de xénero e un 43 % a dedicada a políticas de igualdade entre mulleres e homes. Eses recursos resultan absolutamente insuficientes para unha eficaz aplicación da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
En Galicia, o Partido Popular que goberna a Xunta de Galicia aproba cada ano uns orzamentos insignificantes para pór en marcha programas específicos de prevención da violencia ou mesmo para protexer as vítimas.
Orzamentos que desatenden as recomendacións do Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller de Nacións Unidas (CEDAW). No seu informe do mes de xullo deste ano, este organismo manifestaba a súa preocupación ao Goberno español pola deterioración dos servizos de protección e atención ás mulleres vítimas de violencia, pola persistencia dos estereotipos de xénero, etc., e instaba o Goberno a reforzar e ampliar o investimento e a protección social das mulleres vítimas, así como a restablecer o Ministerio de Igualdade suprimido en 2010 e a aumentar os recursos do Instituto da Muller para un enfoque reforzado dos dereitos de xénero.
É difícil cercar a violencia sen unhas políticas de prevención axeitadas, máis aló das campañas e estudos que evidencian a persistencia da violencia —mesmo entre as persoas máis novas—, e é paradoxal que no ámbito educativo se elimine a materia de educación para a cidadanía, que incluía contidos relacionados coa non violencia, a igualdade, o respecto e a solidariedade.
No ámbito laboral, CCOO e UGT denunciamos que o número de contratos bonificados realizados a mulleres vítimas de violencia de xénero é insignificante, apenas 262 en Galicia desde o ano 2003. Isto constata a escasa repercusión dos acordos de contratación subscritos polo Goberno coas empresas. Por outra banda, o número de mulleres que se acolleron aos dereitos recoñecidos pola lei de violencia segue sendo testemuñal.
A violencia contra as mulleres no lugar de traballo é unha grave violación dos dereitos humanos. Na Unión Europea, entre un corenta e un cincuenta por cento das mulleres sufriron insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo. Con todo, segue sen haber unha norma legal mundial que aborde adecuadamente a violencia de xénero no lugar de traballo.
Para tentar paliar esta situación, a Confederación Sindical Internacional (CSI) reclamou ante o Consello de Administración da Organización Internacional do Traballo (OIT) unha norma específica que permita combater a violencia de xénero no ámbito laboral. UGT e CCOO solicitámoslles aos Gobernos de Galicia e España que apoien a elaboración e desenvolvemento da devandita norma, e que sexa ratificada polos países co fin, entre outros, de previr a violencia de xénero no traballo e apoiar as vítimas garantíndolles dereitos laborais e de seguridade social.
A aprobación da reforma laboral que expulsa as mulleres do mercado de traballo, degradando a súa situación e obrigándoas a retornar ao rol tradicional dos coidados do fogar e a familia, á dependencia económica do home sustentador familiar, supón incrementar o risco de exposición á violencia machista.
Por todo iso, UGT e CCOO esiximos:
Intensificar a sensibilización contra a discriminación e a violencia de xénero mediante formación específica á cidadanía en xeral e ás persoas que actúan nos diferentes ámbitos en particular.
Introducir na negociación colectiva garantías de protección laboral para as vítimas de violencia de xénero: apoio psicolóxico, médico e xurídico especializado, así como facilitar permisos retribuídos que eviten unha diminución económica nos seus recursos.
Garantir que as situacións derivadas da violencia de xénero, como ausencias ou baixas médicas, non supoñan diminución económica para as traballadoras.
Negociar protocolos de actuación e medidas de protección específicas dos dereitos laborais para as traballadoras vítimas de violencia de xénero que non denunciasen o seu agresor.
Pór en marcha mecanismos para eliminar, previr, sancionar e protexer as traballadoras das situacións de acoso sexual e de acoso por razón de sexo na esfera das relacións laborais.
Revisar as limitacións no exercicio de determinados dereitos derivados do seu condicionamento aos intereses da empresa ou á falta de concreción legal; derrogación da reforma laboral.
Mellorar a protección social das mulleres que sofren violencia de xénero con redución de xornada en relación co acceso á protección por desemprego.
Que o acoso sexual e o acoso por razón de sexo sexan incluídos na normativa sobre prevención de riscos laborais e teñan o mesmo tratamento como delito no Código penal.
Establecer canles de colaboración coas Administracións públicas e os interlocutores sociais que permitan mellorar a difusión de medidas, dereitos e servizos dirixidos ás vítimas de violencia de xénero —en desenvolvemento da Lei orgánica 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e na Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero—, mediante campañas de difusión nos medios de comunicación, e reforzar a formación e información das persoas que negocian os convenios colectivos.CCOO e UGT condenamos a violencia sexual nos conflitos armados, unha atrocidade que afecta a millóns de persoas, principalmente mulleres e nenas, e denunciamos os integrismos relixiosos e culturais que xustifican a violencia contra as mulleres. Instamos as autoridades e organismos responsables a actuar contra todo tipo de violencia, explotación sexual, exclusión e feminización da pobreza.
E chamaron a participar en todos os actos convocados pola Plataforma de Mulleres.

R.