Notas
-
Trátase do único Certame existente de dramaturxia breve en lingua galega, aberto á participación de calquera persoa interesada nos ámbitos da creación aos que se circunscribe este Concurso.
-
Baixo o lema “A beleza feriume para sempre”, recollido dun verso de Xosé María Díaz Castro, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
-
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de Catoira (Pontevedra) organiza o Certame de narrativa breve Modesto R. Figueiredo a nivel galego coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.
-
A película austriaca La segunda mujer consigue o apoio do público na Sección Oficial da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo que promove o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. Na categoría de curtametraxes, impúxose Las casitas.
-
A cámara de representantes e mais o senado de Uruguai homenaxean o centro galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en funcionamento. Tamén a Administración Nacional de Correos da república, cun cuño conmemorativo, e mais a Xunta Departamental da capital, cunha sesión monográfica, renden recoñecemento ao 135 aniversario desta comunidade.
-
Coa campaña “Letras sempre: De Díaz Castro a Manuel María”, quere compartir a súa vivencia deste ano con todo o país, porque considera que en todas as comarcas, hai escritoras e escritores que cómpre ler e coñecer, ó pé da casa en toda Galicia... Coma a Díaz Castro, considéraos verdadeiros monumentos literarios, coma os castros, igrexas con valor artístico, as paisaxes, etc...
-
En As Virtudes de Vite (Frades), nas proximidades de Santiago de Compostela, celébrase a XXXVII Romaxe de Crentes Galegos promovida polo grupo Irimia en colaboración con Encrucillada.
-
Budiño, Luar na Lubre e Susana Seivane encabezan o cartel musical que se desprega o 25 e 26 de xullo na localidade de Moaña. A Consellería de Cultura e Educación participa en Moaña a presentación do XXX Festival Intercéltico do Morrazo que dá cabida aos novos talentos.
-
Cultura e Educación convida a Talabarte, Samuel Diz e Sinestesia para poñerlle música ao Atardecer no Gaiás. O proxecto folk de Quim Fariña, Pedro Pascual e Kin García será o encargado de arrancar o xoves 10 de xullo na praza central da Cidade da Cultura. Samuel Diz homenaxea a Juan José Mantecón co seu Atardecer para guitarra e o sábado 12 é a quenda do rock de Sinestesia.
-
O Plan de Emigración 2014-2016 xurde co obxectivo de garantir a atención aos residentes no exterior, fomentar a unión de entidades ou incorporar con maior intensidade ás mulleres e aos mozos. Trátase dun plan “que prevé a emigración non só como unha cousa do pasado, senón como unha cousa para poñer en valor no futuro”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »