Notas
-
Membros do Foro Económico de Galicia, encabezados polo seu presidente, Emilio Pérez Neto, e o seu director, Santiago Lago Penas, catedrático da Universidade de Vigo, mantiveron este xoves un encontro co gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos. Á sesión asistiron medio centenar de convidados, membros da entidade organizadora e representantes do sector económico galego.
-
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, organiza este venres 5 de novembro un seminario no que se abordarán os avances no desenvolvemento de fármacos de orixe mariña de aplicación no tratamento da covid-19 e de enfermidades oncolóxicas ao abeiro do proxecto europeo BlueHuman.
-
O Instituto da Lingua Galega (ILG) pon o colofón á semana da celebración dos seus 50 anos de historia cunha homenaxe a tres dos seus máis senlleiros investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. Ao longo de catro xornadas interviñeron diversos colaboradores do ILG de universidades de Galicia, Portugal, Brasil e Suíza e tres investigadores novos da institución.
-
Vén de botar a andar este pasado luns 18 a X edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”, que se celebra ao longo dunha semana de outubro na illa de San Simón. Fundado e coordinado pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño dende hai unha década, a iniciativa desenvolvera unha edición en liña o pasado ano e neste 2021 volve á presencialidade, xustamente dende a que fora illa de corentena en certos períodos da historia.
-
Tivo lugar na Biblioteca municipal de Miño (A Coruña) a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.
-
Desde setembro de 2019, a Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participan no proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción), que busca fomentar o emprendemento desde unha perspectiva de xénero. No marco das súas accións, esta semana un grupo de emprendedoras de Alemaña e Bélxica están en Ourense para continuar madurando os seus proxectos.
-
A pandemia da covid-19 situou en primeiro plano o concepto de bioseguridade, que fai referencia a toda unha serie de normas, tecnoloxías e procedementos que se aplican para previr a exposición non intencionada a axentes biolóxicos e toxinas e que constitúe o eixo central do congreso que a Asociación Española de Bioseguridad (AEBioS) inaugurou este xoves en Pontevedra.
-
Este mércores da comezo a 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. O co-director do certame, Ángel Sánchez, presentou a programación, nun acto celebrado no Teatro Municipal de Tui e no que estivo acompañado polo alcalde da localidade tudense, Enrique Cabaleiro; a deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra, César Pérez.
-
Como un dos actos previos ao comezo da XLIII Semana de Cine de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, foi presentada a edición especial de CINEPOEMAS, de Claudio Rodríguez Fer. Cinepoemas publicouse inicialmente no ano 1973 por Edicións Xerais de Galicia, como un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen, como unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.
-
Foi presentada na Biblioteca pública municipal de Miño (A Coruña) a exposición 'Aquela nena de Sarria', na honra de Xela Arias, por térselle dedicado este ano o Día das Letras. No acto participaron o Alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; Pura Galán Voutureira, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; a pintora e ilustradora lucense Sabela Arias, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »