Skip to main content

Notas

  • Tivo lugar en Sarria o acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias -autora á que a Real Academia Galega lle dedicou este 17 de maio- incluída no proxecto homónimo que tamén contén o espazo web monográfico aquelanenadesarria.gal e que desenvolve desde marzo o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Có título xenérico de LIBROS NO CAMIÑO que da nome ás Feiras do libro deste ano 2021 lembrando a celebración do Ano Xacobeo, celebrarase dende o vindeiro mércores día 2 de xuño, ata o sábado día 5 de xuño na Rúa do Paseo de Ourense a XXXVII edición da FEIRA DO LIBRO da cidade. A de Ourense é a cuarta das doce Feiras que se van celebrar ao longo da xeografía galega ata o mes de agosto.
  • O proxecto Lingua Viva, coordinado dende o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC pola profesora Elisa Fernández Rey, pretende poñer en marcha unha plataforma que permita recoller o patrimonio lingüístico galego mediante un método colaborativo coa cidadanía, en virtude do cal, todos os cidadáns poidan achegar o seu coñecemento lingüístico. 'O noso propósito é crear un espazo que reúna as doazóns lingüísticas dos falantes do galego vivo', apunta a profesora Fernández Rey.
  • Por primeira vez nos 12 anos de historia deste ciclo, o presente trimestre de POETAS DI(N)VERSOS non acolle tres senón catro recitais con autores en galego e do resto do mundo. Máis concretamente, este maio –adoito alcumado como “mes das letras”– será o que reciba dúas sesións de lecturas públicas na voz dos seus propios autores/as. Sempre no Auditorio do Centro Ágora, ás 20h e conducidos pola fundadora e coordinadora do proxecto, a tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.
  • A iniciativa que logrou que Twitter comezara a publicar chíos en vez de tweets, celebra o seu décimo aniversario. Un día de celebración ao que se están sumando personalidades do mundo académico como o Presidente da Academia Galega, Víctor Freixanes, ou Rosario Álvarez, así como persoas relacionadas como Marilar Aleixandre ou Arancha Nogueira da literatura, Marcus Fernández do activismo dixital, Monti Castiñeiras e Carlos Ares da televisión.
  • 'Cadáver exquisito' é como se denomina este xogo impulsado polos surrealistas que consiste en crear un texto colaborativo. Ledicia Costas foi a encargada de comezar o relato, co único requisito de que Vigo debía ser o marco no que acontecese a acción. Seguiranlle Pedro Feijoo, María Reimóndez, Domingo Villar, María Xosé Porteiro, Marcos Calveiro, Francisco Castro, Rexina Vega, Manuel Esteban e Inma López Silva.
  • A sostibilidade como ferramenta para afrontar con mellores garantías a recuperación da hostalería galega e o papel central que este sector ten na nosa economía centraron a presentación da iniciativa Hostalaría #PorElClima, coa que se busca que as empresas de hostalería contribúan á loita contra o Cambio Climático converténdose en establecementos neutros en carbono. Xurdida en 2017, é unha plataforma virtual que aúna aos establecementos que decidiron comprometerse co futuro.
  • Mes a mes dende que botara a andar a súa 12ª edición o pasado outubro, continúa o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS. Un luns de cada mes do curso, sobre o escenario do Centro Ágora séguense a xuntar as mellores voces poéticas de Galicia e do resto do mundo mesmo con todas as medidas de seguridade anti-Covid. Compensando mediante retransmisións por streaming as restricións de capacidade, o Servizo de Bibliotecas do Concello da Coruña segue a impulsar a poesía na voz dos seus propios autores e autora.
  • A Biblioteca do Seminario de Lugo organiza a exposición 'Do Camiño ao papel: O fondo xacobeo da BSL” para celebrar o Día do Libro e o Ano Santo Xacobeo. A exposición repasa, a través de exemplares que van desde o máis antigo, do ano 1612, ata a actualidade, o espírito relixioso, literario e artístico da peregrinación a Santiago de Compostela no marco da historia de España e de Europa.
  • O Colectivo Egeria pon en marcha a web maragatosdelugo.org, para dar comezo ao seu traballo en relación coa histórica familia maragata Pérez-Carro, asentada na capital lucense desde 1880. A elección desta data débese a que o luns 19 de abril, cúmprense 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García, representante da segunda xeración desta familia, cuxos pais, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro chegaron á capital lucense procedentes de Santa Colomba de Somoza, capital da Maragatería leonesa.