Notas
-
Afianzar propostas eco-agro-innovadoras que axuden no tránsito do territorio cara a prácticas máis sustentables é o eixo que vertebra a acción do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto no que toma parte o grupo de investigación HISTAGRA da USC e que xunto á Fundación RIA presentou este venres a publicación 'Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro'.
-
O profesor de Educación Visual e Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Salvador do Cidrás presenta no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo 'As formas partilladas', un proxecto desenvolvido en colaboración con Juan Cidrás, no que se investiga o medio cerámico e textil desde unha perspectiva escultórica e pictórica.
-
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Terceiro acto, cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.
-
O auditorio da Casa do Saber acolleu a cerimonia de entrega da vixesimoprimeira edición do Premio Aresa. O acto foi presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, aos que acompañou a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, os tres membros do xurado xunto con Manuel Gómez-Franqueira, presidente do Grupo Coren, e María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.
-
A sociedade galega depositou no ano 2020 unha media de 322 envases de vidro por minuto. Así se recolle no informe de resultados elaborado por Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España. Así, en Galicia recolléronse un total de 49.380 toneladas de residuos de vidro a través do contedor verde, é dicir, cada galego realizou unha achega de 18,3 kg/habitante de vidro, ou o que é o mesmo, 63 envases por persoa.
-
A Rede de Técnicos de Inserción Laboral deLugo (TIL), constituída como un foro de encontro, discusión e traballo, no que participa a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral, xunto con outras dezaseis entidades que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, pon o foco sobre os “dramas” que está a provocar a pandemia causada pola COVID-19 na situación sociolaboral dos colectivos máis vulnerables da sociedade.
-
O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta.
-
Explicar a relación entre literatura e os espazos, e definir a relación entre literatura e actitudes, son dous dos cometidos de A vila imaxinada, o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destinado ao estudantado galego para o seu uso nas aulas, que conta co respaldo da Deputación da Coruña.
-
O xurado do XXI Premio Aresa reuniuse para avaliar as dezaseis candidaturas presentadas e, de seguido, dar a coñecer os nomes das catro propostas finalistas da vixésimo primeira edición do Premio Aresa: Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e a Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga de rata toupa,unha iniciativa presentada polo docente e investigador da USC Pablo Sánchez Quinteiro.
-
A compañía viguesa Feira do Leste vén de publicar as bases da terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual. Un proxecto que procura dar maior visibilidade aos novos dramaturgos galegos a través da edición e publicación da obra nun volume con obras doutros autores galegos que están a destacar actualmente polo emprego de novas linguaxes e temáticas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »