Skip to main content

Notas

  • O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira acaba de ser recoñecido co primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O premio recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, “cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles”, a través de libros, prensa escrita, radio e televisión, ademais da organización de todo tipo de actividades para o gran público.
  • Os 120 prescritores e posibles compradores nacionais seleccionados para facer promoción do queixo curado da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa están a recibir outras tantas pezas deste produto, para facer a súa correspondente avaliación. Trátase de restauradores, críticos, responsables de compras das cadeas de distribución, xornalistas e outros profesionais de prestixio relacionados co mundo da gastronomía, seleccionados polos técnicos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
  • Un sistema de visión artificial capaz de detectar condutas irresponsables no control da COVID-19, un composto farmacolóxico para evitar os efectos negativos da radioterapia e da quimioterapia sobre a pel dos pacientes e unha laca de unllas medicamentosa son os gañadores dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía, que chegan á súa sexta edición cunha dotación de 6.000 euros en cada categoría.
  • O festival de artes escénicas USCénica 2020 bota a andar este mércores 1 de xullo e estenderase ata o vindeiro día 18. A primeira das representacións teatrais, ‘Os cans non comprenden a Kandinsky’, correrá a cargo da compañía AveLina Pérez e terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño a partir das 20.30 horas. O concerto de jazz a cargo de Pablo Sanmamed Trío, a partir das 21.45 horas, na terraza do auditorio da Universidade, completa a programación desta xornada inaugural.
  • ‘Matinais clásicas’ propón unha viaxe desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Crussel, Schubert ou Soutullo. Os concertos serán de balde, previa retirada de convite a través de Ataquilla.com, e o número de asistentes limitarase a un máximo de 100 persoas por actuación. O ciclo pecharase o 11 de xullo pola Real Filharmonía de Galicia, que volve aos escenarios con este concerto, tralo parón obrigado pola covid-19.
  • Vintecinco tendas forman parte inicialmente da plataforma web de venta online do CCA de Foz, que foi presentada esta tarde na Casa da Cultura. As persoas interesadas en facer as súas compras a través deste formato poden visitar este centro comercial virtual en www.compraenfoz.com, onde atoparán os escaparates individuais dos negocios participantes con fotos dos produtos, con textos, etc. As tendas dispoñen de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades.
  • Mamá, papá, son heterosexual. Baixo este título e tras unha mirada seria das suas protagonistas, Nós Mesmas quere remover conciencias e reflexionar sobre a visibilidade e o respecto á diversidade afectiva, sexual e de xénero á población en xeral, utilizando o humor como ferramenta con esta campaña elaborada por Muller de 6 ollos para a asociación. O Orgullo reinventase. A crise do 2020 modificou na sociedade a forma de comunicarse, de visibilizarse e relacionarse e sen dúbida, afectou máis profundamente ás persoas xa de por si vulnerables.
  • O sector de feiras e eventos en Galicia volve a poñerse en marcha tras meses de inactividade debido á crise sanitaria xerada polo covid-19. Faino tras a publicación das medidas de prevención aprobadas para a transición a unha nova normalidade, as cales supoñen a posibilidade de retomar esta actividade. Unha publicación que supón unha gran nova para a Asociación Galega de Feira e Eventos (Agafe), xa que marca o pistoletazo de saída dun dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus
  • A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou esta semana nunha reunión telemática trilateral coa Comisión Europea, a unidade de apoio da Rede Europea de Zonas de Pesca (Farnet) e o Goberno central xunto ás comunidades autónomas para analizar o labor desenvolvido nos últimos meses polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco das súas estratexias de desenvolvemento local participativo.
  • Afundación inaugura o museo virtual Agalería, un novo proxecto pioneiro en España, con carácter dinámico e interactivo, que ofrecerá ao visitante unha experiencia única que lle permitirá entrar non só nas obras expostas, senón no propio espazo. Agalería preséntase ante o público co proxecto expositivo 'O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación', unha mostra concibida especialmente para este museo virtual, conformada por 50 obras de 27 autores.