Notas
-
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto docentes como nais e pais.
-
As catas dan comezo este mércores, no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, sito en Lamas de Abade. Ese día arrancará a XVIII Cata dos Meles de Galicia, mentres que os días 28 e 29 destinaranse á XXII Cata dos Queixos de Galicia. Un labor que levará a cabo un panel de sete expertos, no caso dos meles, e doce no dos queixos, encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras.
-
O libro presenta unha biografía do prezado autor cun amplo álbum fotográfico destinado especialmente a dar a coñecer a figura de Neira Vilas ás novas xeracións. Pero ademais, a publicación incorpora un código para acceder a un dos títulos máis destacados do autor, Contos vellos para para rapaces novos, en formato audiolibro. Unha boa forma de achegarse a unha obra na que Neira Vilas recompilou algúns dos contos máis destacados da tradición oral dos cinco continentes.
-
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo acolleu este luns 25 de novembro o acto de entrega de premios do 2º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Foi nun evento conducido polo narrador e poeta Lois Pérez, que abriu o acto cun emotivo recordo da súa propia infancia e avoa, ilustrado con imaxes do seu arquivo familiar.
-
A Fundación Juana de Vega coordina o primeiro encontro de diagnose no marco da “Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia” que se está desenvolvendo en virtude dun convenio de colaboración subscrito o pasado mes de agosto entre a Fundación, a AGADER, a Axencia de Turismo de Galicia e o IGAPE.
-
O proxecto europeo LACES convocou este ano o programa de “Estancias Transfronteirizas” co obxectivo de facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, e a identificación de puntos de mellora e posibles estratexias para conseguila. Nesta convocatoria participaron profesionais portugueses da agricultura e a gandería, que comezaron a súa estadíaa cunha xornada formativa sobre o peso socioeconómico do sector primario e cooperativo en Galicia.
-
A II Feira do Transporte de Viaxeiros por estrada, ExpoBus Iberia 2019, a cal se celebra ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, medra considerablemente con respecto á súa primeira convocatoria. Así, ademais de ampliar nun día a súa duración, o certame conta con 152 firmas expositoras, un 50% máis que na pasada cita, cando foran 101. Delas, 64 son expositores directos presentes con stand, un 39% máis, xa que en 2018 foran 46.
-
A AELG organiza a 'IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción'O sábado 23 de novembro terá lugar a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, que se vai celebrar no Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47 -como chegar-), na Coruña. As xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.
-
Tecnópole acolle esta semana a terceira edición dun evento bienal que se consolida como referente en sectores estratéxicos para a economía galega. A biopsia líquida, o cultivo de hortalizas sen terra e as esponxas vexetais son algunhas das innovacións que as empresas participantes no programa Agrobiotech mostrarán ao longo de toda a xornada.
-
O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense de forma paralela e complementaria á terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Administracións públicas, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »