Notas
-
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias presentou os resultados de sete proxectos nos que participa xunto con diferentes entidades investigadoras e produtoras de Galicia.Os proxectos contan con financiamento do FEADER, a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).
-
O Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago, inaugurado este mércores no edificio CIEDUS da Universidade de Santiago de Compostela, reune máis de 32 representantes institucionais dos órganos de goberno de 25 universidades socias do Grupo Compostela de Universidades, procedentes de nove países europeos e americanos.
-
O pròximo 18 de outubro, a Sociedade Filarmónica de Lugo dará comezo á que será a súa tempada de concertos número 73; tempadas que veñen sucedendo de forma ininterrompida desde o ano 1947, alcanzando xa nesta os 700 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Doce concertos programados de outubro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila traerán á nosa cidade a mellor música.
-
A Federación Autismo Galicia, organiza a Xornada Cultura e Autismo, e reúne a recoñecidos profesionais do ámbito da cultura, para facer una posta en común sobre a situación actual no eido dos espazos culturais e as persoas con autismo (TEA), debatendo como abordar a súa singularidade, e compartindo diferentes experiencias e modalidades de intervención cultural.
-
Os vindeiros 18 e 19 de outubro celebraranse unhas xornadas na cidade de Lugo no que o Camiño Primitivo tomará protagonismo pola súa relevancia como o roteiro orixinal e máis antigo a Compostela. O evento, que se enmarca dentro de O teu Xacobeo, realizarase na Casa do Saber, fronte á Catedral lucense, con entrada aberta para quen queira asistir e mesmo participar e expoñer a súa opinión sobre este roteiro.
-
En cada unha das sete etapas das que consta a acción, que comezará o 17 de setembro, o proxecto invitará a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. Ademais farase un estudo da accesibilidade cognitiva das casas consistoriais dos tramos polos que discorrerá Xacobeo Autismo e, en caso de ser necesario, mellorarase a súa sinalización con pictogramas.
-
A sostibilidade agro-territorial centrará a temática do XII Congreso de Economía Agraria que se desenvolverá do 4 ao 6 de setembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, un foro científico de carácter estatal para o que xa confirmaron a súa inscrición máis de 200 investigadores de universidade españolas e iberoamericanas nas que se imparten estudos de agronomía e enxeñaría forestal, ademais de profesionais destes sectores.
-
Constituise a rede provincial de concellos termais de Ourense, unha agrupación integrada por 15 municipios que permitirá garantir a estabilidade destes asentamentos dentro da provincia e seguir, así, impulsando o potencial económico e turístico destas augas. Esta normativa céntrase expresamente no emprego lúdico das augas termais, complementando a normativa vixente sobre a súa práctica terapéutica.
-
O congreso anual da Asociación Internacional de Psicoxeriatría (IPA), a asociación científica e profesional sobre esta especialidade máis importante do mundo, cita en Santiago do 31 de agosto a 3 de setembro a preto de arredor de 500 profesionais de todo o mundo, que aproveitarán as distintas sesións e foros de traballo organizados para debater e intercambiar os últimos avances sobre os temas de maior actualidade no ámbito dos coidados sanitarios.
-
Amigos da Terra pon en marcha o proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. O método biointensivo é unha técnica de cultivo agroecolóxico que permite o máximo aproveitamento dos recursos naturais, terra, auga, sol, abonos naturais, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »