Skip to main content

Notas

  • Hai catro anos, o compostelán Carlos Morales puxo en marcha un proxecto baixo o nome Fear of Missing Out, onde pretendía dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. A partir de aí, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.
  • A presenza de Galicia neste evento enmárcase na estratexia de reforzar a presenza internacional e achegar tamén o Ano Santo 2021 a mercados de crecente interese como está a demostrar ser o estadounidense. É xa o terceiro mercado internacional do que proveñen máis viaxeiros, por detrás de Portugal e Alemaña. O ano pasado máis de 110.000 estadounidenses escolleron Galicia como destino turístico.
  • O 18 Congreso da SENC converterá Santiago de Compostela en capital da neurociencia española do 3 ao 6 de setembro, e agarda a participación de máis de 600 asistentes. A temática desta nova edición do foro científico que desde 1985 promove cada dous anos a Sociedade Española de Neurociencia permitirá compartir e debater sobre os últimos avances e achados sobre o cerebro e as enfermidades do sistema nervioso.
  • O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade pretende mellorar a situación persoal e laboral de mulleres con problemas de saúde mental a través dun traballo personalizado e individualizado. Para iso, facilítaselles información e asesoramento, realízanse accións formativas, aténdense urxencias e trabállase coordinadamente con outros recursos.
  • As 15 obras que a compoñen son unha pequena selección dunha colección de 50 cadros promovida pola Asociación Dones del Mar del Grau de Gandía (Adomar) e froito dunha colaboración entre todas as asociacións da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) e fotógrafos e pintores da Comunidade Valenciana. A exposición estivo xa en Gandía e Cariño, e estará en Muros ata o próximo día 31.
  • Celebrarase o venres 23 de agosto ás 20:30 no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña. A entrada é gratuíta por medio de convites que se repartirán na Casa das Ciencias media hora antes do comezo da actividade. A charla leva por título “El Sol y la difícil convivencia con una estrella activa” e será impartida por Héctor Socas-Navarro.
  • Un total de 674 persoas teñen formalizado, nos seis primeiros meses do ano, a súa inscrición no Rexistro Galego de Instrucións Previas. Delas, o 62% son mulleres e o 38% homes. A idade media dos outorgantes, nestes seis primeiros meses de 2019, é de 60 anos. No referido ao contido do documento, practicamente a totalidade dos asinantes (máis do 99%) fan mención expresa sobre os coidados e os tratamentos da súa saúde. O 52% mostrouse favorable á doazón de órganos e tecidos.
  • Laxe é a primeira parada da exposición "O océano que nos une" na Costa da Morte. Esta mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos quedou inaugurada no Museo do Mar nun acto celebrado esta mañá e permanecerá neste espazo ata o vindeiro 25 de agosto. Todos os interesados poderán visitala os días 15, 16 e 17 de agosto en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e desde o día 18, de xoves a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
  • A entrada en funcionamento deste novo portal web será clave para impulsar e aplicar o Pacto en Galicia, porque porá a disposición dos concellos os materiais necesarios para aprobar a súa adhesión, un amplo abano de exemplos de boas prácticas para o deseño dos plans de acción, e referencias de liñas de financiamento dos mesmos.
  • O festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Medio cento de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes. É a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos.