Skip to main content

Notas

  • O Festival Arte pola igualdade nas Letras Galegas chega á súa VIII edición para homenaxear nesta ocasión a Antonio Fraguas cun novo cartel no que participan cinco centros de ensino da Coruña e que se poderá desfrutar este xoves, ás 19,00 horas, no Teatro Colón. A proposta, ademais de renderlle tributo ao autor das letras, pretende fomentar o traballo colaborativo e demostrar que a discapacidade física, psíquica ou sensorial non é impedimento para desenvolver a creatividade e sensibilidade artística.
  • O Congreso internacional de Fútbol, fútbol sala e psicoloxía alcanza a súa terceira edición achegando á sociedade unha plataforma, ata o de agora inexistente, de transferencia directa de coñecemento da universidade á contorna do fútbol e o fútbol sala. Na Facultade de Psicoloxía, sede do encontro, o congreso desenvolverase os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño en xornada intensivas de 9.00 a 21.00 horas.
  • O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado da edil de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, asistiu ao ensaio xeral do concerto que a Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá este xoves, 2 de maio, no Pazo da Ópera. A actuación suporá a estrea e presentación ao público do disco Diversos funcionais, un traballo que nace froito do proxecto ​Músicas inclusivas e participativas.​
  • Baixo o título “Reflexión postelectoral”, o Profesor de Ciencias Políticas da USC Antón Losada, o comentarista político de La Voz de Galicia Domingos Sampedro e a redactora xefa de Europa Press Beatriz Vila analizarán os resultados saídos das votacións do 28A ao Congreso, nun acto que estará moderado polo xornalista Fernando Salgado. Esta actividade, aberta ao público en xeral ata completar a capacidade da sala, desenvolverase ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela
  • Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, pechou as portas da súa 14ª edición consolidado como a única feira especializade en Prevención de Galicia e conseguindo o obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade a través dun completo programa de actividades formativas que conseguiu atraer ata o recinto de Expourense a 2.500 visitas. O acto de clausura contou coa presenza do director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva.
  • Jessica Rodríguez Sánchez, veciña de Visantoña (Mesía) de 35 anos, Óscar Fernández Freire, coruñés de 17 anos, e Claudia Martínez Asenjo, compostelá de 11 anos, son as persoas gañadoras dos tres primeiros premios, nas modalidades de adultos, xuvenil e infantil, do II Concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal. O xurado, reunido na sede da RAG, escolleunos entre as case 500 propostas recibidas xunto a outros seis microrrelatos distinguidos cos segundos e os terceiros premios.
  • A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) veñen de tirar do prelo Pondaliana, un libro disco que contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.
  • O nome escollido é: 'O método Morris' e ao longo de dúas horas, o actor tentará desentrañar os segredos do que el mesmo chama “actuación autodidacta”, unha forma totalmente orixinal e xenuína de involucrarse en cada personaxe ata facelo seu, creado tras máis de tres décadas vinculado á interpretación. Ademais, tamén falará das experiencias que viviu dende dentro do audiovisual galego así como da súa evolución como actor.
  • A curtametraxe “Se vende” é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo desenvolvido durante dous meses en DOA Saúde Mental, realizado no marco do Programa Más Social promovido pola Fundación Barrié. Os participantes do taller, persoas con problemas de saúde mental, adquiriron as ferramentas e coñecementos necesarios para contar as súas historias a través do audiovisual, executando todo o proceso dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación.
  • Os premios convocados están distribuídos en catro categorías: actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas; actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago; actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou pemes; e iniciativas de carácter académico, investigador ou educativo.