Notas
-
A asociación científica e profesional sobre psicoxeriatría máis importante do mundo celebrará a finais de agosto na USC o seu congreso mundial por vez primeira en España. Entre os días 31 de agosto e 3 de setembro, o congreso desenvolverase agrupando a International Psychogeriatric Association (IPA) e a Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG). A IPA aborda a saúde mental das persoas maiores cun enfoque integral e interdisciplinar.
-
A obra gañadora é de Willa Cather (1873-1947), un dos grandes referentes da literatura estadounidense de comezos do século XX, a quen aínda non se podía ler en galego. O xurado da XVIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather. Antía Veres dedícase á tradución, ámbito no que traballa en varios proxectos, entre os cales destacan os de tradución literaria.
-
A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este sábado, no 'Viñetas desde o Atlántico', 'O tempo cronolóxico', o libro ilustrado por Xulia Vicente co que quere axudar a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua. Este título forma parte xunto con O abecedario, As aves e Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil.
-
A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), formada por profesionais da comunicación, escritores, historiadores e estudosos do Camiño de Santiago, convoca a sétima edición do `Premio Internacional APECSA”, de divulgación dos valores do Camiño de Santiago, ao que, nesta edición, poderán presentarse obras de divulgación e promoción xacobea.
-
O Galician Freaky Film Fest volverá cunha terceira edición (se contamos a primeira edición denominada 0) a cidade de Vigo coa intención de ateigala de zombies, vampiros, lobishomes e montar unha auténtica festa da cultura freak tan incorporada no ADN de toda a xeración Xabarín. As obras deberán pertencer ó mundo freak, entendendo isto como a serie B, o terror, a ciencia ficción, o cine fantástico ou a parodia dos mesmos, pero tamén a calquera outro xénero.
-
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA- organiza “Espacios Efémeros de Emprendemento” no marco do proxecto Interreg PocTep LACES, unha actividade na que 17 empresas e emprendedores da economía social de Galicia presentan os seus produtos máis innovadores ao público.
-
O vindeiro día 22 celébrase na Escola Unitaria de Santiago a IV Edición do Fun Fun Fun. Este evento reúne a creadores e artistas de diversas disciplinas ao redor da autoedición. Este ano terán protagonismo, amais da autoedición gráfica e do fanzinismo, outros eidos da creación coma o audiovisual. As actividades comezarán ás 12 horas coa apertura dun mercadiño, que estará aberto durante todo o día, e onde distintos autores, autoras e colectivos poderán expor e vender as súas obras.
-
Representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia (GALP) Golfo Ártabro Sur presentaron a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos ante representantes do GALP Litoral Cádiz Estrecho e os responsables de varios museos gaditanos relacionados co mundo mariñeiro. Os técnicos do GALP galego viaxaron ata a provincia andaluza co fin de compartir ideas para o desenvolvemento de novos proxectos de promoción do seu territorio.
-
A VI Feira de Festas de Interese Turístico, Festur 2019, a cal se celebra conxuntamente co salón de turismo Turexpo Galicia e de forma paralela á 42ª Abanca Semana Verde de Galicia, contará coa participación de 46 celebracións con este recoñecemento. Estas festas de interese turístico celébranse en 35 concellos, os cales estarán presentes na área expositiva de forma individual ou a través de mancomunidades e xeodestinos.
-
Foi inaugurada na sala Losada Quiroga do Seminario de Mondoñedo a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »