Notas
-
A Asociación PuntoGal acudirá por quinto ano consecutivo á Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta ocasión, o dominio realizará un concurso sobre banda deseñada en colaboración con Kiko da Silva e presentará a súa colaboración en proxectos de localización de software en galego.
-
Valentín González Formoso recibiu hoxe en Mariñán a alcaldes de distintos municipios hondureños, que explicaron as importantes repercusións sociais, económicas e medioambientais que ten este proxecto de cooperación internacional cofinanciado pola Deputación. A área onde se está a desenvolver este proxecto ubícase no Golfo de Fonseca, moi preto da fronteira con Nicaragua.
-
Mañá, sábado, ás 12,00 h., na igrexa nova de Guitiriz, vaise entregar o título de FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE GUITIRIZ ao crego e activista cultural Alfonso Blanco Torrado. No acto, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, actuarán o Gaiteiro Raul Galego, a Banda de música de Guitiriz, dirixida por Abel Riveira Pena e a Coral Xermolos, que dirixe Manuel Vizcaíno.
-
Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos.
-
Hoxe, en Santiago, presentarase NO PERFIL DAS VERBAS, poemario de Baldomero Iglesias-Dobarrio (Mero), con debuxos de María Guerrero Rico. A presentación efectuarase ás 7,30 da tarde, na Libraría Couceiro, e nela participarán, ademáis do autor, Alfonso Blanco Torrado (Editor), David Otero, Pilar Sampedro e Xulio Xiz, aos que acompañarán a debuxante, María Guerrero, o gaiteiro Raul Galego, e o escultor Xosé Val Díaz-Valdi.
-
A Semana de Cine de Lugo, -que o Grupo comezou a organizar en 1979, e ven de celebrar a súa 40ª edición, co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela/Campus de Lugo- podería cambiar as datas de celebración para a segunda semana do mes de outubre, unha vez iniciado o curso na Universidade
-
Adega, elixiu a Blanco Torrado este 2018, pola súa entrega á xente máis necesitada e polo seu inxente traballo a prol da cultura galega, nomeadamente desde a asociación Xermolos
-
O acto de despedida e entrega de diplomas a estes emigrantes, que agora pasaran uns días coas súas familias de Galicia, estivo presidido polo Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o Director xeral de Maiores, Ildefonso de la Campa Montenegro, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que renovaron o seu compromiso cos maiores do exterior.
-
A Facultade de Dereito da USC acolleu a inauguración do congreso internacional 'Espazos globais e seguridade: estratexias de resposta española’ cuxo programa continuará os días 18 e 19 deste mes de outubro. Trátase dunha actividade promovida polo Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) e o Grupo de Estudos Internacionais (GRESIN).
-
A mostra Somos Imparables está formada por 19 fotografías e paneis explicativos que dan conta do día a día das persoas con parálise cerebral, das actividades e servizos de Aspace Galicia, así como das principais demandas destas persoas. Esta exposición englóbase no proxecto CapacitARTE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »