Notas
-
Os preto de 400 apicultores inscritos no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia comercializaron o pasado ano máis de 300 toneladas de produto, cun valor económico estimado que superou lixeiramente os dous millóns de euros. En relación coa eliminación de niños, só en 2017 xestionáronse case 44.000 avisos por este motivo e retiráronse ou inactiváronse máis de 24.000.
-
A Asociación “Xuntanza Terra Chá”, da que forman parte vilalbeses e chairegos residentes na capital de España, vai honrar aos nove concellos que compoñen a Mancomunidade Terra Chá: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza, Xermade e Vilalba. Será o próximo venres, día 24, áas 13,00 h., no Parador de Turismo de Vilalba.
-
Convocada unha nova edición dos Premios do Comercio Galego, cos que se busca poñer en valor as boas prácticas e a aposta pola calidade e a innovación no sector. Os galardón contan cunha dotación total de 12.500 euros e divídense en tres categorías. Así, o Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.
-
A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vai ser o escenario que acolla a segunda Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que FEGADACE organiza o sábado 29 de setembro desde as 9:30. O encontro está dedicado á reflexión, definición, estudo, avaliación e medición da calidade de vida do colectivo que representa a Federación Galega de Dano Cerebral.
-
O audiovisual galego conta desde este mes cun novo espazo informativo onde amosar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. 'Díxome, Díxome', unha publicación do Clúster Audiovisual Galego, que nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia. O Clúster ten agora un lugar propio con contidos moi diversos pensados para poñer en valor ao sector e onde haberá espazo para os profesionais, para os que están diante e tamén detrás dos focos.
-
Inaugurouse esta mañá a mostra 'Que ninguén quede atrás', da Federación de Asociacións en Favor de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga Plena Inclusión), que permanecerá exposta no espazo da pirámide do edificio administrativo de San Caetano. A exposición está formada por unha vintena de fotografías e texto explicativo que reflicten o día a día deste colectivo.
-
O Sindicato Labrego Galego celebrará en Lugo este sábado unha asemblea á que acudirá unha representación da súa afiliación xubilada que, a pesares de terse retirado no plano laboral, aínda ten azos e ilusión para seguir traballando nas loitas nas que o Sindicato Labrego Galego está implicado. A xornada será inaugurada pola secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador do evento e membro da Executiva, Miguel Méndez.
-
A Irmandade Manuel María a e Asoc C. Xermolos organizan este acto na honra do seu presidente Alfonso. Hai xa uns anos que quedara en facer unha homenaxe agradecida aos "da Lexía". Quedara en facelo por mor dun encontro cunha muller na memoria de recuperar aqueles que loitaron pola dignidade e a lei. Tamén contaba facelo a partir dunha aportación económica que, por distintas razóns que ignoramos, non se producíu.
-
Representantes de AGACA no proxecto europeo LeadFarm reuníronse en Compostela para estudar os progresos e avanzar nas seguintes liñas de traballo. Na xuntanza participaron a Organización de Cooperativas Irlandesas, Icos; a unión de cooperativas agrícolas, Coop de France; a consultora estatal participada pola Federación Letona de Agricultores, LLKC, e Changemaker AB, entidade sueca especializada na formación empresarial e de produción de xogos, xestión de proxectos e visualización.
-
O escritor recibirá o vindeiro sábado a vixésimo cuarta edición da Homenaxe O/a Escritor/a na súa Terra - Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Nacho Taibo en Socio de Honra da AELG. Esta iniciativa conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído como unha celebración na que a terra de adopción do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »