Notas
-
O Encontro, que terá lugar esta fin de semana en Santiago de Compostela organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ofrecerá charlas, unha mesa redonda, un obradoiro e dous eventos lúdicos arredor do mundo da ilustración. Todas estas actividades serán (salvo o obradoiro) gratuítas e abertas ao público xeral, e decorrerán na Unitaria e no Auditorio de Galicia.
-
El Festiclown Palestina 2018, organizado por Pallasos en Rebeldía y dirigido por el clown Iván Prado, se celebra desde el pasado 17 de septiembre y hasta el día 30, por quinto año, con la ‘mision’ de llevar risas y música a los corazones, teatros y plazas, de los palestinos de Cisjordania. Durante cuatro días la ciudad de Nablus vió sus calles invadidas de arte y esperanza y cientos de niñas y niños vivieron la magia del circo en sus colegios.
-
Organizada por Xermolos e a Irmandade Manuel María, no Pedregal de Irimia (Meira), comprenderá a entrega de MANS DE IRIMIA, obra do escultor meirego Manolo Pardo, á memoria de Xabier Puente Docampo e á de José da Flor. Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) dará lectura ao Manifesto da Festa, e os actos rematarán ás 16:30, na Praza do Concello, cun festival a cargo das Pandeireteiras Nove Ferreñas de Meira e outras agrupacións musicais.
-
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), inicia un ciclo de doce charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza un ano máis, e xa son 40, a Semana de Cine de Autor de Lugo, que ata o 21 de setembro proxectará na Cidade das Murallas máis de 165 cintas de países de todo o mundo organizadas en 13 ciclos: Sección oficial, Ciclo infantil, O mellor do ano, E para comer... Lugo, Arte e cine, Ciclo Cáceres, Grandes historias, Sección especial, Encontros de cine, Cine nostálxico, Curtas de cine e Cine galego. A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo botou a andar en 1979.
-
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a nova proposta da compañía ourensá, na que se verán os deseños de José Faro (escenografía), Baltasar Patiño (iluminación), Ruth Pereira (vestiario) ou Raquel F. Fidalgo (maquillaxe e caracterización).
-
A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.
-
O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.
-
Os dominios dos grandes cabaleiros galegos, os tesouros históricos que ocultan as grandes montañas de Galicia ou os vales e canóns cheos de igrexas, petróglifos ou castros son parte dun escenario paisaxístico e cultural que marcan parte da historia galega. Unha historia que está feita en pedra de indómitos castros, de nobres, de guerrilleiros, de monxes ou de ánimas e mouros que configuran un conxunto de tradicións únicas en España.
-
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia organiza un curso especializado sobre a figura do Delegado de Protección de Datos, DPO. O curso terá lugar na Cidade da Cultura en dúas fins de semana consecutivas. Impartido por profesionais do Centro de Formación de AENOR, os contidos do curso estarán centrados nos fundamentos e principios da nova regulamentación de Protección de Datos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »