Skip to main content

Notas

  • O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, inaugúrase oficialmente a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade. Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.
  • Artistas, público, editoriais, institucións e librarías daranse cita a vindeira fin de semana na Feira de Edición e Libro Ilustrado (FëLiiC) e os encontros Open Miic que a Deputación da Coruña organiza como actividades paralelas á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
  • Este mércores o Ateneo de Santiago e Histagra Grupo de Investigación da USC presentarán o último ensaio publicado pola editorial Galaxia titulado Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, edición de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. O acto (19:30, sede de Afundación) contará coa participación dos Catedráticos de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.
  • Afundación presenta en Ferrol a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sustentable realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. A mostra, conformada por fotografías de Grenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia, Abralhos, a Antártida e Galicia, inaugurarase o 24 de xaneiro na Sede Afundación de Ferrol.
  • A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego.
  • Fai catro anos, Carlos Morales puxo en marcha un proxecto baixo o nome Fear of Missing Out, onde pretendía dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. A partir de aí, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.
  • Por erro de imprenta, nas participación da LOTERÍA DO NENO, para o sorteo do 6-1-2019, do BELÉN DE BEGONTE, figura o número 40.998, cando en realidade o número é o 40.992. Rogamos disculpen o erro, BELÉN DE BEGONTE.
  • A memoria anual da Academia Galega do Audiovisual, coñecida como Os Papeis da Academia, publícase con textos de María Yáñez, Brais Romero, Cibrán Tenreiro e fotos de Tamara de la Fuente en formato revista web que se pode consultar en papeisdaacademia.gal. Os Papeis da Academia contan co patrocinio do Concello da Coruña e coa colabroación da Fundación TIC, de Lugo.
  • A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) mantivo este martes na USC unha reunión da súa comisión executiva na que se avanzou cara á súa consolidación como asociación sen ánimo de lucro, previa á creación dunha agrupación europea de cooperación territorial.
  • A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música. As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos.