Skip to main content

Notas

  • A difusión dos valores da dieta atlántica foron o exito central dunha xuntanza celebrada na Reitoría compostelá coa participación de representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e do grupo Lume Atlántico así como do chef Santiago Fernández, e aos que recibiu o reitor Antonio López. O obxecto deste encontro foi a definición de posibles vías de traballo conxunto entre as distintas institucións arredor desta fórmula gastronómica.
  • Foi inaugurada en Portomarín (Lugo) a mostra itinerante 'O Fin do Camiño', organizada polo Colectivo Egeria coa colaboración de GaliciaDigital. Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.
  • Este venres presentarase na exposición “Valente e a unidade das artes”, que se exhibe no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, o libro Poemas a Valente, onde o poeta Saturnino Valladares, profesor da Universidade Federal do Amazonas (Brasil), compilou numerosas composición dedicadas ao autor ourensán durante os séculos XX e XXI. Como todos os libros da Cátedra Valente, este leva na cuberta a reprodución dunha obra de arte afín á estética do poeta, neste caso da artista galega Julia Huete.
  • Tivo lugar en Santiago unha nova xuntanza de Ateneos de Galicia, onde quedou constituída a “Federación de Ateneos de Galicia”, na que se viña traballando dende marzo do pasado ano, cando se formalizou un convenio de colaboración entre as entidades promotoras. No acto de constitución, que se oficializou mediante a sinatura da acta fundacional e dos Estatutos, participaron representantes dos Ateneos de Santiago, Ferrolán, Santa Cecilia de Marín, Moaña, Atlántico de Vigo, Ourense e Pontevedra.
  • A Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo, presentou hoxe o informe “Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: Contexto, cambios e oportunidades”, elaborado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA). O OEGA nace da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo.
  • A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende mañán 18 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra).
  • Luís Paadín presentaba este luns, 16 de decembro, na D.O. Ribeira Sacra, a súa Guía de Viños de Galicia 2020 para a que se cataron máis de 1.500 viños e destilados. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, 140 medallas de Ouro e 37 medallas de Prata. Recibe ademais 4 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse desde hai 2 anos ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendo un recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. Obteñen o Ampelos Adegas Moure, Algueira e Roberto Regal López
  • Santiago acollerá, da man da Axencia de Coñecemento en Saúde, o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación, difundir as oportunidades existentes na compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i.
  • O certame ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua de ambas partes, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. De feito, a iniciativa ten moi boa acollida entre alumnado e profesorado e está a contribuír a fomentar o estudo do galego e o portugués, ao ter a motivación engadida da música e a poesía.
  • O vicerreitorado do Campus de Lugo foi o lugar elixido para dar a coñecer o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa. Entre as 13 candidaturas presentadas este ano, finalmente o galardón foi para Asoporcel, Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, pola posta en valor desta raza autóctona galega e dos seus produtos. O xurado prestou especial atención ás candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural.