Notas
-
Campos Conde felicitou a este colectivo polo seu aniversario. “Sodes un exemplo a seguir, un exemplo de loita, de superación, de traballo e de dignidade”. O presidente provincial recibiu ao presidente e 120 usuarios de Aspnais. A asociación acolleu tamén a visita de escolares aos seus talleres.
-
Un ano máis, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s convidou a todos os seus soci@s e persoas amantes da cultura tradicional galega a asistir ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XXI edición foi o Concello de Ordes onde @s asistentes puideron gozar do canto, o baile e a música tradicional, e dun menú consistente nun cocido galego e postres tradicionais.
-
Presentouse a axenda cultural do Concello de Santiago para marzo de 2016 en que se programa o 30 aniversario de Matarile Teatro, a entrega dos Premios do Auditorio de Galicia e estrea da exposición dos seleccionados, o novo espectáculo de Producións Excéntricas e os concertos de Diego El Cigala e Ses.
-
Galicia se define en tres palabras: buena gente, comida y amabilidad”, indica Diego, “ilusionado” por ser maestro de ceremonias en un “día tan especial rodeado de amigos”. El protagonista del famoso canal Viajando con Diego abrirá oficialmente el III Día Internacional del Cocido, el 27 de febrero.
-
A visita será efectuada por un grupo de usuarios e o equipo directivo da Asociación lucense de país e titores de persoas con discapacidade intelectual -Aspnais- para coñecer de preto as instalacións e realidade desta senlleira empresa lucense.
-
O mércores 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar en Aspnais o acto central desta xornada na capital lucense. O acto celébrase nas instalacións da Rampa de Claudio López, e terá carácter público.
-
Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), visitou os talleres ocupacionais da asociación lucense Aspnais que conmemora o seu 50º aniversario cunhas xornadas semanais de portas abertas e un amplo programa de actividades.
-
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu conceder os Premios Mestres/as da Memoria 2016 a Dolores Macías Pose e Mini e Mero, que se entregarán nunha gala en Lugo o 19 de marzo. Tamén entregará o 14 de maio en Compostela a Pere Gimferrer o Premio Escritor Galego Universal.
-
Dentro dos actos previstos para celebrar o cincuentenario de Aspnais, máis de douscentos destacados lucenses van participar nestas actividades, dando a súa visión da traxectoria e realidade desta institución.
-
Carlos López Fernández, 2º premio, e mencións de honra para Rosa Piñeiro e Lucía Penalonga.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »