Notas
-
Asistiron ao acto celebrado na Casa de Galicia en Madrid os actores Martin Sheen e Emilio Estévez, descendentes de galegos de Salceda de Caselas. A presidenta de AISGE, Pilar Bardem, actuou como anfitriona dos asistentes entre os que figuraban Luis Tosar, Maria Pujalte e Camila Bossa.
-
Clausurouse o XXXVII Belén de Begonte nun acto organizado pola Asociación Cultural José Domínguez Guizán que entregou os premios dos certames culturais convocados. O alcalde destaca a importancia do Belén para Begonte e a vontade de pontencialo.
-
O 8 de febreiro preséntase en Santiago de Compostela o Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares Tradicionais xunto co estudo da súa realidade nos concellos galegos. O obxectivo é dar a coñecer o deporte tradicional e dinamizar a súa transmisión ás novas xeracións, como xa se fixo coa billarda, as ligas de chave, as traíñas e os bolos.
-
Os ventos afuracanados fixeron algúns estragos en Trasalba, na casa grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo no concello de Amoeiro (Ourense). O vento tronzou a árbore que lembra a memoria de Otero Pedrayo neno.
-
16 nenos foron premiados no Certame de Debuxo Infantil sobre O Nadal do Belén de Begonte.
-
O Coro Campus Stellae e a Orquestra de Cámara Galega dirixidos por Xoán Trillo ofrecen o concerto inaugural da restauración da restauración dos retábulos da igrexa de San Martiño de Barcia de Mera.
-
O primeiro premio foi para a obra Coa música a outra parte, de Manuel Ángel Carreira Varela.
-
A Fundación Lydia Cacho, organización en defensa das persoas perseguidas ou en situación de perigo que co seu traballo loitan contra a corrupción e a favor dos dereitos humanos, pretende dar a coñecer o seu traballo.
-
Según el Informe de la Infancia de esta ONG, cada año mueren más de medio millón de mujeres y niñas por complicaciones del embarazo o el parto en países en desarrollo.
-
Na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela exhíbese ata o 28 de xaneiro a mostra Unha ollada ao Camiño Primitivo de Santiago elaborada por internos e funcionarios do cárcere de Bonxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »