Skip to main content

Noticias

  • Foi presentado o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo pioneiro que permitirá actualizar a información sobre as necesidades das persoas LGTBI para darlles unha resposta axeitada -mediante os recursos e servizos que poidan demandar- e previr as condutas violentas contra o colectivo, co obxectivo de avanzar para lograr unha sociedade en igualdade de condicións e de oportunidades para todas elas. O traballo do Foro concluirá o vindeiro ano coa presentación dos resultados e dunha guía práctica que axudará a orientar actuacións e medidas para lograr a plena igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI.
  • Tras a ofrenda floral, desenvolvida nas inmediacións do busto do artista en Vigo, celebrouse a entrega dos galardóns correspondentes aos anos 2021 e 2022. O Premio Laxeiro 2022 foi para o grupo Atlántica, agrupación artística creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galicia, que tivo unha curta vida, ata 1983, tempo no que realizaron cinco exposicións comisariadas e recibiron o Premio da Crítica Galicia.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.334 deles 4.914 son da área da Coruña, 2.289 da de Lugo, 3.052 da de Ourense, 4.111 da de Pontevedra, 7.960 da área de Vigo, 4.401 da de Santiago e 1.607 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 249 en unidades de hospitalización e 28.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 197.844 persoas curadas, rexistrándose 2.753 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.261.145. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.760.431.
  • Coros da cidade de Lugo percorren as rúas da capital lucense interpretando cantos de Nadal, para contribuir a que a cidade ofreza un ambiente acorde coas celebracións tmáis entrañables do ano.
  • Galicia conmemorará en 2022 o Ano Laxeiro cunha extensa programación que afondará no percorrido vital e profesional do artista a través de propostas expositivas, académicas, audiovisuais e didácticas en distintos puntos de Galicia, así como en Madrid e París, e que terán como acto central o 1 de abril o Día das Artes Galegas na súa honra e unha gran exposición itinerante sobre a súa obra de madurez. Así o explicou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no acto de presentación da programación especial, xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
  • O Foro Económico de Galicia, coordinado desde a Universidade de Vigo polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2021. Nel destacan que 'un ano despois do shock, a economía galega recupera o seu dinamismo'. Da súa análise económica subliñan datos tales como que o PIB autonómico medra un 17,5%, que Galicia incrementa o seu gasto público máis que o resto do estado e que medra o emprego feminino, pero baixa a calidade dos contratos.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) e a creadora escénica AveLina Pérez estrean no Real Mosteiro de Oia a coprodución ECO. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Creado, dirixido e interpretado por AveLina Pérez, o espectáculo nace como unha homenaxe e un poema, ademais de como un momento para escoitar e para escoitarnos, para relacionarse cos que xa non están, coa historia e co paso do tempo.
  • A nova edición do Festival Outono Lírico está composta por concertos, conferencias e actividades paralelas. Arrancará o venres co tenor Ismael Jordi e a soprano Sabina Puértolas, que, xunto ao músico Rubén Fernández, actuarán no concerto inaugural no Teatro A Fundación. O 16 de outubro ás 20,00 horas será a quenda do tenor Ramón Vargas, que estará acompañado por Mzia Bakthouridze ao piano; o día 31 de outubro actuará a mezzosorpano Nancy Fabiola Herrera e o tenor Alejandro Roy con Javier Carmena. Os concertos rematarán o 6 de novembro con 'A emigración galega, cancións de ida e volta' a cargo de Borja Quiza e Fernando Briones ao piano.
  • A comunidade teatral afeccionada galega é unha das maiores do territorio español e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias, constituídos por máis de 600 persoas, conforma na actualidade a entidade máis representativa do teatro amador galego, afianzándose ano a ano como axente cultural imprescindible para a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galega. FEGATEA organiza os días 17, 18, 19, 24 e 25 de setembro e os días 1, 2 e 3 de outubro o XX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.
  • Presentouse a nova edición do Festival Agustín Magán que arranca o venres en Santiago. No seu vixésimo aniversario diversificará os espazos das representacións e organizarase unha mención homenaxe con motivo do centenario de Agustín Magán. A iniciativa está impulsada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) e as obras que participan son seleccionadas por un xurado entre as propostas dos grupos federados das catro provincias galegas. Fegatea cumpre 21 anos de andaina e recibiu o Premio da Cultura Galega 2020 polo seu labor nas artes escénicas.