Skip to main content

Noticias

  • O Seminario de Estudos Galegos foi fundado en outubro de 1923 por un grupo de universitarios co obxecto de formar novo persoal investigador dentro dos diversos aspectos da realidade galega. Malia que puxo o foco inicialmente nas Humanidades, axiña se abriu cara as ciencias sociais e naturais, constituíndo “un refacho de aire fresco na Universidade de Santiago”, tal e como explica o catedrático da USC e comisario da mostra divulgativa ‘Saber de Nós. Seminario de Estudos Galegos (1923-1936)’, Henrique Monteagudo. A esta itinerante que xa pode verse na Facultade de Química, súmase agora a colocación dun vítor no claustro do Colexio de San Xerome coa que a USC rendeu tributo a este grupo de intelectuais entre os que se atopaban Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde ou Lois Tobío.
  • As conmemoracións do 30 aniversario do CGAC, inaugurado o 29 de setembro de 1993, terán a vindeira semana os actos centrais cunha completa programación que incluirá un espectáculo de danza vertical na fachada, unha proxección de vídeomapping, visitas guiadas en horario especial e unha noite de concertos, ao que se sumará tamén a inauguración dunha nova exposición que repasa a historia do CGAC vinculada á arte conceptual. Todas as actividades poderán gozarse de balde e nelas terá unha importancia singular a propia arquitectura do CGAC, obra de Álvaro Siza. Así, a noite do venres 29, os muros exteriores e a terraza converterase en escenario dun espectáculo de danza vertical coa peza Finale, da compañía Delrevés.
  • En Berro, Nova Galega de Danza preséntanos un espectáculo que procura recuperar a memoria colectiva. A montaxe configúrase ao redor do baleiro que supón ser individuos solitarios e illados nunha sociedade carente de memoria. A través do movemento, trázase unha viaxe que conecta cos estados emocionais e que amosa a importancia de recobrar a esencia ancestral. O corpo de baile está formado por Inés Vieites, Estefanía Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández e Iván Villar, gañador do Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza en 2021. Jaime Pablo Díaz combinará o traballo coreográfico coa dirección do espectáculo.
  • A Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova leva vinte anos traballando na posta en valor tanto do conxunto patrimonial, termal e arqueolóxico situado en Bande, no que destaca o conxunto no que conflúe o campamento militar e a mansión Aquis Querquennis, así como o itinerario da Vía Nova e que deu lugar á construción dunha serie de edificios que contribuíron a dar a coñecer Porto Quintela como un tesouro único en Galicia, onde gozar da historia, da cultura e das augas termais ao longo de todo o ano. Para conquerir estes obxectivos , conta coa aposta das admininstracións públicas no territorio coa creación do museo ou o centro de interpretación.
  • O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na presentación do libro "A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra", no que Santiago Llovo cataloga os vestixios das plantas de salgadura co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira do noso litoral, actividade iniciada cos cataláns que impulsaron a salga da sardiña como precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade.
  • Na Asociación Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz de Cuenca tívose en conta o seu labor para potenciar e coordinar a revitalización, defensa, conservación, investigación, limpeza, protección e potenciación do patrimonio histórico-cultural dos Camiños de Santiago e os camiños que percorreu Fray Francisco de la Cruz. No caso da Asociación de Amigos del Camino de Río Grande do Sul de Brasil, o xurado valorou o esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago feito por esta entidade que leva desde o ano 1999, apoiando e informando a peregrinos e desenvolvendo actividades para promover a Ruta Xacobea desde o eido cultural e histórico.
  • O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Emigración para o programa de lecer "Conecta Voluntariado Galicia" para que 20 mozos e mozas galegas residentes no exterior, de entre 21 e 30 anos poidan coñecer Galicia a través de actividades que se desenvolverán no campo de voluntariado de Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo, entre o 8 e o 19 de setembro. O programa realízase coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude, así como coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación.
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe na Cidade da Cultura o I Plan Galego contra a Trata como 'documento estratéxico', elaborado mediante un proceso participativo no que tomaron parte unha ducia de entidades que traballan en Galicia coas vítimas desta lacra, que artella medidas e políticas para dar unha resposta integral e coordinada a estas mulleres.
  • Recibiron a "Navalla do Manuel" Pilar García Negro e (a título póstumo) Francisco Pillado Mayor, recitáronse poemas do poeta da Terra Chá á beira das Penas de Rodas e diante da súa tumba no cemiterio de Outeiro de Rei. Estes actos celébranse desde o primeiro cabodano da morte de Manuel María, organizados pola Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá. Comezou a celebración cun xantar no Restaurante Río Ladra para, a continuación, desplazarse ao paraxe das Penas de Rodas, onde se celebrou o primeiro dos recitais de poesía de Manuel María a cargo de amigos do Manuel, e cancións do cantautor monfortino Antón Valcárce que lembrou que xa que foi en Monforte onde Manuel María escribíu boa parte da súa obra, o escritor é tan monfortino como chairego.
  • Nos próximos días comezará a difundirse o cartel anunciador da XLIV Semana de Cine de Lugo, que organiza Fonmiñá co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo. O cartel é unha extraordinaria colaboración de SIRO (Siro López Lorenzo), coa Semana cunha caricatura de María Casares, no seu centenario, coa lenda “María Casares vive desde hai cen anos. Viva María Casares!”.