Skip to main content

Noticias

  • Neste Observatorio participan a Xunta, o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno, a Federación Galega de Municipios e Provincias, as tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, os sindicatos, a Confederación de Empresarios e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu hoxe a constitución do Observatorio Galego da Familia e a Infancia, organismo colexiado e de carácter participativo que terá por obxecto asesorar, estudar e propoñer actuacións nesta materia. Deste xeito, Galicia dótase dun novo instrumento para ter un maior coñecemento sobre a realidade das familias e das nenas e nenos en todos os seus ámbitos e para avanzar nunha estratexia común para o seu benestar.
  • O vindeiro 12 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá o Foro Empresarial AJE Galicia 2020, un encontro para debater e coñecer novas tendencias en innovación e investimento, enfocado a mellorar a produtividade das empresas galegas. O evento reunirá a empresarios e institucións de toda España, de todos os sectores, e está dirixido a mozos e mozas emprendedoras e universitarias con vocación de crear a súa propia empresa; así como empresarios e empresarias, e organismos relacionados co mundo corporativo. O evento contará con relatores como o coñecido empresario, asesor e coach, Emilio Duró ou a empresaria coruñesa Yaiza Canosa, CEO da startup logística GOI e elixida en 2017 como unha das 30 persoas menores de 30 anos con maior proxección profesional pola revista Forbes (30under30).
  • As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de asinar un convenio coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, que se actualizará ano a ano. O obxectivo desta inventario forestal é dobre: Por unha banda, permitirá facer un seguimento da cantidade e do estado das masas arboradas e, por outra, permitirá crear unha estratexia de apoio ás decisións en materia de política forestal mediante un sistema de monitoraxe continuado. Entre as cuestións que xustifican a sinatura deste acordo, están a existencia dunha grande cantidade de superficies forestais de pequeno tamaño complexas de inventariar, como as masas mixtas ou a necesidade de contar con datos máis actualizados.
  • O enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador Andrés Comerma y Batalla será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas e, en moitos casos, descoñecidas para o gran público. O carácter polifacético e visionario deste intelectual, xunto coas importantes achegas en termos de progreso e modernidade que o seu traballo supuxo para Galicia, foron os principais motivos da súa elección unánime por parte do pleno da RAGC. O acto académico de homenaxe terá lugar o 8 de outubro, pero a RAGC iniciará de inmediato os contactos con todas as institucións científicas vinculadas a Comerma.
  • A Rede Galega de Música ao Vivo desenvolverá a súa programación de 2020 en vinte salas privadas de toda Galicia como resultado da convocatoria de admisión posta en marcha a finais do ano pasado pola Agadic. As propias salas serán as encargadas de configurar as súas respectivas carteleiras ao abeiro deste circuíto de música en directo. Na relación de locais participantes figuran catro novas incorporacións á Rede Galega de Música ao Vivo respecto a 2019: Aturuxo de Bueu, Sala Ruído de Ferrol, Sete Flores do Carballiño e Auriense de Ourense. Neste circuíto, promovido pola Xunta en colaboración coas asociacións Clubtura e Músicas ao vivo, ten cabida unha ampla variedade de estilos musicais, cun gran protagonismo dos grupos galegos.
  • As imaxes que conforman a mostra foron elaboradas pola ilustradora Pepa Prieto Puy e fan un percorrido pola vida e obra de Fernández Mazas. Deste xeito, retrata a súa vida como escritor, ilustrador, humorista e pintor. A exposición será dixitalizada e incorporada como visita virtual á web da Biblioteca de Galicia. Coa dedicación deste Día da Ilustración, Cándido Fernández Mazas súmase á lista de autores homenaxeados na que figuran xa Álvaro Cebreiro, Camilo Díaz Baliño ou Federico Ribas Montenegro. Signos dunha quimera enmárcase na programación do Día da Ilustración, que inclúe unha vintena de actividades nas bibliotecas públicas galegas co obxectivo de lembrar e reivindicar o papel de todos os profesionais da ilustración.
  • A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa é un foro multilateral creado en 1996 e orientado á cooperación entre os seus membros, no que participan todos os Estados que teñen a lingua portuguesa como oficial e moitas outras entidades vinculadas ao ámbito da lusofonía e con intereses estratéxicos, económicos, sociais ou culturais compartidos. Ademais, contémplase a figura do Observador asociado que se solicita para España e a de Observador Consultivo. A figura de Observador Consultivo comprende organizacións ou entidades non estatais con especiais vínculos coa lingua portuguesa. No caso de Galicia, o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Academia Galega de Lingua Portuguesa son, desde o ano 2016, observadores consultivos da CPLP.
  • Esta nova programación estrutúrase inicialmente arredor de 13 ciclos e de oito semanas de cine. Promovidos pola Federación de Cineclubes a partir dunha temática ou estilo determinados, a carteleira de cada un dos ciclos será seleccionada polos centros participantes a partir do catálogo proposto. No caso das semanas de cine, a organización corre a cargo dos propios cineclubs que, xunto coas proxeccións, desenvolven diferentes actividades paralelas como debates, obradoiros e exposicións. Participarán os cineclubs de Bueu, Cangas de Morrazo, Poleiro de Goián, Valle Inclán de Lugo, Liceo de Noia, Groucho Marx do Barco de Valdeorras, O Carballiño, Padre Feijoo de Ourense, Val Miñor Alice Guy de Nigrán, Pontevedra, A Lanterna de Viana do Bolo, Lumière de Vigo e Adega de Vilagarcía de Arousa.
  • Galicia acadou o ano pasado por primeira vez as 9.000 persoas voluntarias activas, o que supón un incremento do 11% con respecto ao 2018. Deste xeito, a nosa Comunidade convértese na máis solidaria de España. Xa no 2019 se acadaron os compromisos establecidos para 2020, de acadar as 1.000 entidades e as 40.000 persoas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria. O Plan de formación da acción voluntaria pon a disposición de persoas voluntarias e entidades 1.500 prazas en cursos de formación online e presenciais nos que se abordaron diferentes temáticas co fin de dar respostas a todas as demandas.
  • A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 25 ao 28 de marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego, organizado pola Academia Galega de Teatro, que presentou hoxe o programa de conferencias, mesas de traballo, comunicacións e presentacións de proxectos e publicacións, arredor do que se reunirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en diferentes ámbitos do sector tanto en Galicia como no resto de España e noutros países, como Portugal e México. As liñas programáticas do Congreso, baixo o lema 'Co 2030 no horizonte', serán tres: Experiencia, actualidade e modelos externos, O teatro e os públicos e A creación e os seus procesos. O obxectivo, segundo os seus organizadores, é a posta en común da situación actual do teatro galego en relación coa doutros modelos internacionais.