Skip to main content

Noticias

  • Durante a 41 Semana do Cine de Lugo proxectaranse un total de 130 filmes, que estarán divididos en 10 ciclos. Destes, 112 serán gratuítos, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€. Ademais, as persoas que acudan ás proxeccións do ciclo Oficial, recibirán cada día unha publicación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá como agasallo. Como novidade deste ano, dentro do parque de frigsa acollerá o Paseo do Cine de Lugo, que conterá placas homenaxeando a figuras de Lugo que foron importantes no mundo do cine. Neste ano colocaranse as dúas primeiras placas adicadas a Antonio Mourelos e Prudencia Grifell.
  • O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres. A campaña, enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital. A peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con tres colas de 20”, orientado a combater estereotipos e visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática. O vídeo pecha co claim “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare”.
  • O Teatro galego ten unha nova cita no Carballiño, do 2 ao 6 de setembro, coa celebración da XXX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que ofrecerá un completo e variado programa de actividades aos asistentes. As obras de teatro que se celebrarán no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 22.00 horas, comezarán o luns 2 de setembro coa obra "Anatomía dunha serea", da Compañía Iria Pinheiro -A Berbechería-Chévere. Como actividades paralelas, haberá animación de rúa, un coloquio de creadoras baixo o título "Arte con nome de muller", obradoiros, monólogos cómicos e actividades infantís.
  • A secretaria xeral de Igualdade, e o secretario xeral para o deporte, asinaron novos contratos -dun total de 25- de patrocinio con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 e participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, para que participen en campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.
  • O Presidente da Xunta de Galicia, no ao acto de inauguración da sede desta entidade, agradeceu o labor de todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega, asegurando que Galicia seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron ao contribuír desde a emigración ao desenvolvemento da comunidade.
  • O presidente da Xunta visitou o Centro Gallego da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia, onde anunciou que este Xacobeo vai ser unha festa sen fronteiras, nunha terra "á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo". Agradeceu a este centro case centenario, a sua vocación por ter Galicia presente, cun museo dedicado á emigración galega ou cunha biblioteca con máis de 3.000 volúmes.
  • Preto de 90 establecementos de turismo rural das catro provincias participarán na 13ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural. Ademais de aloxamento, os establecementos que participarán nesta actividade –que se desenvolverá entre o 13 de setembro e o 15 de decembro– ofrecerán diferentes menús elaborados con produtos galegos de temporada. Ademais, como novidade este ano, inclúese a posibilidade de realizar, no seu caso, actividades como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas ou lugares de interese paisaxístico ou cultural como o Pórtico da Gloria, actividades deportivas como surf ou rafting, circuítos termais ou mesmo un escape room, grazas á nova oferta Outono Plus.
  • Camiño Escena Norte xurde por iniciativa das asociacións profesionais de empresas de produción escénica das devanditas comunidades, que aglutinan un centenar de compañías de teatro, monicreques, danza e novo circo: Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación de Empresas de Teatro y Danza de Asturias (EscenaAsturias), Asociación Cántabra de Empresas Productoras de Artes Escénicas (ACEPAE) e Empresas de Producción Escénica Asociadas de Euskadi (Eskena).
  • A USC e Afundación, Obra Social de Abanca, organizan o proxecto expositivo ‘O universo musical de Andrés Gaos (1874 – 1959)’, un percorrido pola vida e a obra do recoñecido compositor galego Andrés Gaos neste ano 2019, denominado ‘Ano Gaos’ no que se cumpren 60 anos do seu falecemento. Os comisarios e profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Montserrat Capelán e Javier Garbayo, e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, presentaron este martes en rolda de prensa os detalles da mostra. A exposición poderase visitar ata o vindeiro 14 de decembro na Sede Afundación da Coruña.
  • A 12ª edición da feira Culturgal terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As novidades que ofrecerá este ano o evento foron detalladas no transcurso dun acto no que tamén se anunciou a apertura das convocatorias para a reserva de expositores e para a proposta de actividades cara ao deseño da programación artística e profesional. Entre as novidades de Culturgal 2019 destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Familiar (cos eixos Falar, Moverse e Descubrir), Foro e Carpa, ademais do espazo dedicado á Arte Contemporánea e a incorporación dun específico para a cultura interactiva (videoxogos, apps, etc.)